Martes, 25 de abril de 2017

Danza, teatro infantil e humor, menú cultural do Auditorio 

Ourense, 08 de novembro de 2016

O Auditorio Municipal ofrece esta semana un variado programa cultural no que caben disciplinas coma a danza contemporánea, da man da ourensá Nuria Sotelo, a clásica cita co teatro infantil dos domingos pola mañá, e a actuación do humorista Carlos Latre o domingo á tarde. A oferta cultural inclúe, ademais, visitas guiadas gratuítas ás exposicións do Outono Fotográfico no Museo Municipal: Renacer, de Eva Díez, Soji, de Júlia Franco, e El paraíso, de David Mocha, son as mostras que se poden ver neste espazo da rúa Lepanto este mércores ás 20:30 horas coa presenza...

 
Tempo de Lecer Ourense

Conta atrás para a celebración do Magosto 

Ourense, 07 de novembro de 2016

Xa se parece sentir o arrecendo das castañas asadas e bolos preñados na cidade. E é que a festividade de San Martiño, patrón da cidade, xa está aquí e trae consigo a celebración dos tradicionais magostos que proliferan por todos os recunchos da cidade. Xa sexa nas asociacións de veciños, grupos de amigos nos barrios ou saídas aos montes de arredor, o importante é celebrar o 11 de novembro como ben o merece. Dende o Concello de Ourense organizaron un ano máis un gran Magosto popular que terá lugar na...

 
Tempo de Lecer Ourense

O bo cinema, o auténtico protagonista da gala de clausura do OUFF 

Ourense, 05 de novembro de 2016

  O proxector da 21º edición do Festival de Cine Internacional de Ourense, OUFF, comenzou o seu letargo ata o vindeiro ano. Tras nove días nos que o cinema chegado dende diversos puntos de todo o mundo para a súa posta de largo no festival, a gala de clausura que tivo lugar no Auditorio de Ourense o venres, día 4 de novembro, foi o acto oficial co que despedir un evento que este ano se presentaba con moitas novidades. Dende o novo director, Fran Gayo, unha nova estrutura de contidos con...

 
Tempo de Lecer Ourense

O 21º OUFF xa ten os seus gañadores 

Ourense, 04 de novembro de 2016

  O Festival de Cine Internacional de Ourense xa ten aos seus gañadores. Tras a proxección dos 21 filmes que conformaron as dúas competicións da Sección Oficial (Competición Iberoamericana e Competición Óperas Primas) o xurado emitiu o seu voto premiando como Mellor Película da Competición Iberoamericana ao filme Como me da la gana II, de Ignacio Agüero e, na Competición Óperas Primas, o galardón á Mellor Película recaiu en Boone, de Christopher Lamarca. No que atinxe ao Premio Cineclube Padre Feijóo á Mellor Película na competición Óperas Primas, o recoñecemento recaeu...

 
Tempo de Lecer Ourense

Oliver Laxe recolle o Premio Cidade de Ourense do 21OUFF 

Ourense, 03 de novembro de 2016

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, fixo entrega este xoves do Premio Cidade de Ourense do 21OUFF no Liceo da cidade. O galardón recaeu no cineasta Oliver Laxe; un premio que o 21º Festival de Cine Internacional de Ourense quixo concederlle en recoñecemento ao seu labor de creación e de difusión do cinema galego fóra das nosas fronteiras.   Jesús Vázquez destacou de Laxe que, sendo “galego da diáspora como tantos outros, quixo facer universal a terra dos seus pais a través do seu cine”.Ademais, tamén fixo fincapé na “súa ollada atrevida, comprometida e vangardista, que pón o foco sobre...

 
Tempo de Lecer Ourense

O VII Certame OUFF Escola entrega os seus diplomas e premios 

Ourense, 02 de novembro de 2016

O Festival de Cine Internacional de Ourense celebrou este ano o VII certame OUFF Escola coa finalidade de premiar aos mellores traballos audiovisuais en galego realizados por escolares. O certame repartiu nesta edición 2.600€ en premios que foron entregados este mércores no Auditorio Municipal. Máis de 500 nenos e nenas chegados de 14 centros educativos de toda a xeografía galega asistiron á gala de entrega dos galardóns.   No acto, ademais do director artístico e programador do OUFF, Fran Gayo, estiveron presentes Valentín García Gómez -Secretario Xeral de Política Lingüística da Xunta de...

 
Tempo de Lecer Ourense

Lembrando o Dadaísmo cunha Gran Chafallada  

Ourense, 31 de outubro de 2016

O 16 de febreiro do ano 1916 abría en Zúrich (Suíza) o Cabaret Voltaire, un espazo promovido por escritores e artistas que daría lugar despois a un movemento cultural e artístico chamado Dadaísmo, caracterizado por rebelarse contra as convencións artísticas e literarias e por burlarse do artista burgués e da súa arte. A súa actividade extenderíase a unha gran variedade de manifestacións artísticas, dende a poesía ata a escultura, pasando pola pintura e a música.   Cando se cumple o centenario daquel acontecemento o Café Cultural El Cercano quere render unha homenaxe...

 
Tempo de Lecer Ourense

O Auditorio de Ourense programa máis de 40 actividades para rematar o ano 

Ourense, 28 de outubro de 2016

O Auditorio Municipal de Ourense vén de presentar a súa programación para os dous últimos meses do ano: Novembro e decembro, datas para as que o equipo que traballa neste espazo preparou un programa formado por máis de 40 actividades "que recollen todos os paus das artes escénicas e musicais", segundo subliñou o técnico de Cultura, Manuel Freire, na presentación, acto no que estivo acompañado pola concelleira de Cultura, Belén Iglesias.   Deste xeito e nas vindeiras datas poderemos gozar no Auditorio de Ourense de espectáculos de teatro, actividades para os cativos,...

 
Tempo de Lecer Ourense
© 2009 - TDLOU