Domingo, 24 de setembro de 2017

Uxía e Magín Blanco homenaxean a Manuel María no videoclip: `A Cidade´ 

Ourense, 18 de novembro de 2016

Na recta final do ano das Letras Galegas dedicadas a Manuel María Fernández Teixeiro, Uxía e Magín Blanco lanzan un novo videoclip que completa a homenaxe iniciada polos dous músicos en Canta o cuco e Todo me fala de ti, proxecto que viu a luz da man da Editorial Galaxia en formato de libro-cedé e que subiu hai uns meses aos palcos do programa de dinamización lingüística ‘FalaRedes 2016’ nunha xira de 15 concertos en directo por outros tantos concellos da Rede de Dinamización Lingüística. A peza é tamén unha...

 
Tempo de Lecer Ourense

O Certame Galego de Bandas de Música reunirá en Santiago a 900 músicos 

Ourense, 18 de novembro de 2016

Un total de 15 formacións competirán nas tres seccións a concurso da décima edición do Certame Galego de Bandas de Música, que se desenvolverá os días 26 e 27 de novembro no Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela. A Federación Galega de Bandas de Música Populares (FGBMP) organiza este evento de carácter anual, para o que volve contar co apoio económico da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic).   O Salón Teatro de Santiago acolleu este venres a presentación do programa...

 
Tempo de Lecer Ourense

As novas exposicións do Outono Fotográfico chegan ao Museo Municipal 

Ourense, 17 de novembro de 2016

O Museo Municipal de Ourense acolle xa a nova quenda de exposicións do Outono Fotográfico, o Festival Galego da Fotografía que está a celebrar a súa 34º edición con mostras en numerosas localidades de Galicia e mesmo de Portugal. Despois de ter acollido os traballos de Eva Díez, Julia Franco e David Mocha, o museo renova agora os seus espazos expositivos con novas propostas que, desta volta, chegan da man do fotógrafo Víctor Enrich, que presenta no 1º andar unha exposición titulada: City Portraits; Alexis W, que ocupa a sala do fondo...

 
Tempo de Lecer Ourense

O Centro Coreográfico Galego actúa este sábado no Auditorio 

Ourense, 17 de novembro de 2016

O Auditorio Municipal de Ourense acolle o sábado, día 19 de novembro, a representación de As catro estacións, produción do Centro Coreográfico Galego que, desde a danza, lle achega ao público unha ollada contemporánea da composición clásica de Antonio Vivaldi.  A responsable do Centro Coreográfico, Mercedes Suárez, asumiu a dirección deste espectáculo, con coreografías de Iker Gómez e Kenneth Tindall. Co obxectivo de continuar a difundir a danza entre o gran público, nesta ocasión proponse unha recreación da popular obra de Vivaldi para establecer un paralelismo coa paisaxe galega a través das coreografías deseñadas...

 
Tempo de Lecer Ourense

Imaxes, xestos e voces que reivindican a muller 

Ourense, 17 de novembro de 2016

Imaxes, xestos, voces é o título escollido pola creadora e docente da Universidade de Vigo Mar Caldas para a mostra que desde este xoves expón na Sala Alterarte do campus de Ourense. Nela, recupera cinco obras de diferentes etapas da súa traxectoria, volve a traballar sobre elas e reúneas nunha mostra na que a teoría e a práctica artística se unen á reivindicación feminista. “A través das obras pode verse o paso dun ton máis serio e grave a un ton máis irónico ou incluso cómico”, apuntou a creadora durante a...

 
Tempo de Lecer Ourense

Sóley e Anaïs Mitchell, no Festival Voces Femeninas 

Ourense, 16 de novembro de 2016

O Teatro Principal acolle un ano máis o Festival Voces Femeninas, un evento que naceu fai oito anos co fin de dar cabida a grandes intérpretes e compositoras de todo o mundo, reivindicando o talento de toda unha xeración de artistas e facéndoo de forma festiva. O concerto será o xoves, día 24 de novembro, ás 20.30 horas e nel actuarán as intérpretes e compositoras Sóley e Anäis Mitchel.   O festival presentouse este mércores no Teatro Principal, nun encontro cos medios de comunicación que contou coas intervencións de Sofía Godoy, concelleira de...

 
Tempo de Lecer Ourense

A AGADIC entrega os seus Premios de Literatura Dramática 

Ourense, 16 de novembro de 2016

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, presidiu este mércores na Cidade da Cultura de Galicia o acto de comunicación e entrega dos premios de literatura dramática da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), que este ano recaeron en Manuel Lourenzo, Carlos Labraña, Roi Vidal Ponte e Inacio Vilariño.   Román Rodríguez expresou que co recoñecemento que se lle fai ao traballo destes catro nomes, ponse en valor toda a historia da dramaturxia galega actual e contemporánea, xa que a produción dos autores distinguidos abrangue practicamente as cinco últimas...

 
Tempo de Lecer Ourense

Unha ruta de outono polo Val do Navea 

Ourense, 16 de novembro de 2016

O sábado 19 de novembro o Servizo de Deportes da Universidade de Vigo celebrará a terceira ruta da súa programación de andainas culturais deste curso académico. Arredor de 80 persoas procedentes dos tres campus da Universidade de Vigo realizarán un traxecto polo Val do Navea que lles permitirá gozar da paisaxe do outono no seu momento álxido. Despois de achegarse ao Ourense Termal e aos muíños do Río Barosa, as rutas culturais comezan tamén os seus percorridos de montaña. Cunha dificultade media-alta e unha distancia de 18 quilómetros, a ruta seguirá o percorrido...

 
Tempo de Lecer Ourense
© 2009 - TDLOU