Domingo, 26 de marzo de 2017

"Sicixia", o último filme do ourensán Ignacio Vilar, estréase en 31 pantallas de toda España 

Ourense, 25 de novembro de 2016

A longametraxe galega ‘Sicixia’, do realizador Ignacio Vilar, inicia hoxe o seu percorrido polo circuíto comercial español coa súa estrea en 31 salas de 19 localidades galegas e cinco do resto de España (Madrid, Sant Feliu de Llobregat, Tarragona, Valencia e Xixón). A película de Vía Láctea Filmes é un dos títulos subvencionados pola Consellería de Cultura e Educación a través da convocatoria anual de axudas públicas da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) á produción e coprodución audiovisual.   O director da Agadic, Jacobo Sutil, participou este venres en Carballo na...

 
Tempo de Lecer Ourense

Unha exposición amosa no Pazo Provincial as "Voces da Ourensanía" 

Ourense, 25 de novembro de 2016

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, inaugurou a exposición Voces da Ourensanía, que se presenta desde este venres de maneira permanente no Pazo Provincial, unha mostra pictórica do artista Suso Cubeiro con dezaseis retratos de destacados persoeiros das letras da ourensanía, voces históricas de onte e de hoxe que ocupan un espazo importante no mundo da cultura, da historia e da etnografía do noso territorio, e que deben ser coñecidos e lembrados por todos os ourensáns”, expresou Manuel Baltar.   O presidente do goberno provincial destacou que estes persoeiros, “coa...

 
Tempo de Lecer Ourense

O Concello súmase á conmemoración do Día da Eliminación da Violencia contra as Mulleres 

Ourense, 23 de novembro de 2016

A túa indiferenza, mátame é o lema co que o Concello quere implicar e facer reflexionar á sociedade con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. Este mércores presentáronse as actividades programadas con motivo deste día no Salón de Plenos, a cargo da concelleira de Igualdade, Sofía Godoy, e do alcalde de Ourense, Jesús Vázquez.   Sobre o traballo continuo no apoio ás mulleres vítimas de maltrato é algo que quixo poñer en valor o rexedor ourensán na súa intervención. No Centro de Información Municipal ás Mulleres (CIMM)...

 
Tempo de Lecer Ourense

O Outono Fotográfico presenta unha nova exposición: "A Man Verde" 

Ourense, 23 de novembro de 2016

O Centro Cultural Marcos Valcárcel estrea unha nova exposición: A Man Verde, un traballo conxunto do pintor, Tonho Ferreiro e do fotógrafo, Rubén Vilanova, que se enmarca dentro do Outono Fotográfico. A presentación desta mostra e do catálogo tivo lugar este mércores, acto no que participaron o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o coordinador do Outono, Xosé Lois Vázquez; o director do Centro Cultural, Francisco González; e os dous artistas.   Rosendo Fernández dixo que para a Deputación de Ourense é “un orgullo contar coas obras de artistas ourensáns neste edificio...

 
Tempo de Lecer Ourense

A mostra itinerante "Manuel María. Beleza, amor e compromiso" fai parada en Ourense 

Ourense, 21 de novembro de 2016

A cidade de Ourense acolle a penúltima das trece paradas da mostra itinerante Manuel María. Beleza, amor e compromiso (1929-2004), que promoven ao longo deste ano conxuntamente a Xunta de Galicia, a través das secretarías xerais de Política Lingüística e de Cultura, e mais a Casa-Museo Manuel María para achegarlle á cidadanía a figura, a vida e a obra do autor homenaxeado polas Letras Galegas 2016, Manuel María Fernández Teixeiro.   O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, inaugurouna este luns no Ateneo, onde se poderá visitar ata o día 30 de...

 
Tempo de Lecer Ourense

A danza contemporánea volve a Ourense da man de SóloDos 

Ourense, 21 de novembro de 2016

A danza contemporánea volve a Ourense da man da Plataforma Cultural SóloDos -promovida polos bailaríns e coreógrafos Maruxa Salas e Erik Jiménez que, en colaboración co Concello de Ourense, veñen de organizar o Festival Internacional de Danza Contemporánea SóloDos en Danza que se desenvolverá os días 23, 24 e 25 de novembro con actividades no Claustro de San Francisco e no Auditorio de Ourense. Así o explicaron este luns en rolda de prensa os seus promotores, nun encontro cos medios de comunicación no que estiveron acompañados pola concelleira de Cultura, Belén...

 
Tempo de Lecer Ourense

600 páxinas de minuciosa recollida da actividade escultórica en Ourense durante o Renacemento 

Ourense, 21 de novembro de 2016

Un estudo da actividade escultórica na cidade e diocese de Ourense durante o Renacemento, nun marco cronolóxico que vai desde as primeiras décadas do século XVI ás do XVII, “no que se analiza tanto a produción dos mestres autóctonos como a dos artistas que durante este tempo se achegaron a estas terras atraídos pola crecente demanda, a miúdo portadores de novidades creativas que deixaron unha profunda pegada na rexión”. Deste xeito, preséntase o libro La actividad escultórica en Ourense. Del Renacimiento al Barrroco, de Yolanda Barriocanal, profesora titular de Historia da...

 
Tempo de Lecer Ourense

Os Premios da Crítica de Galicia xa teñen gañadores 

Ourense, 19 de novembro de 2016

No Hotel Os Escudos de Vigo deuse a coñecer no decurso dun do xantar do sábado 19 de novembro o ditame da trixésima novena edición dos Premios da Crítica Galicia na súas modalidades de Creación Literaria, Investigación, Música, Iniciativas Culturais e Científicas, Artes Plásticas, Artes Escénicas, Cine e Artes Audiovisuais e Cultura Gastronómica.   Baixo o lema En Irmandade, lembrando o centenario das Irmandades da Fala, xuntáronse trescentas cincuenta persoas representativas dos diversos ámbitos da política, da sociedade e da actividade cultural do país, entre as que se atopaban Abel Caballero, alcalde...

 
Tempo de Lecer Ourense
© 2009 - TDLOU