Martes, 25 de abril de 2017

Música popular galega... e algo máis para o concerto de Nadal  

Ourense, 30 de novembro de 2016

“Música popular galega... e algo máis”. Así é como definen o trío musical Vaamonde, Lamas & Romero o seu estilo. Eles serán os encargados de ofrecer este ano o tradicional concerto de Nadal que se organiza no campus de Ourense co obxectivo de reunir á comunidade universitaria para conmemorar estas datas sinaladas. Con entrada libre e de balde ata completar aforo, o concerto contará tamén coa participación da Unión Musical de Allariz, que acompañará a Vaamonde, Lamas & Romero na súa actuación. A cita será o luns, 12 de decembro,...

 
Tempo de Lecer Ourense

"Mañás de Nadal" para os nenos de Ourense  

Ourense, 30 de novembro de 2016

Nenos e nenas de Ourense terán a oportunidade de desfrutar dunha nova edición do programa Mañás de Nadal, que organiza a Asociación Xuvenil Amencer coa colaboración da Concellaría de Xuventude do Concello de Ourense. A concelleira Sofía Godoy e os representantes de Amencer Manuel Seguín e Martín Rejo presentaron este mércores o programa e o concerto solidario dos grupos do Espazo Lusquiños no que se recollerán alimentos para a Operación Quilo..   Mañás de Nadal desenvolverase durante as vacacións escolares de Nadal, desde o día 26 de decembro ata o 5 de xaneiro,...

 
Tempo de Lecer Ourense

Máis de 200 actividades converterán a Ourense na Capital Galega do Nadal 

Ourense, 29 de novembro de 2016

Ourense con Luz Propia é o lema co que o Concello de Ourense quere posicionar á cidade das Burgas como Capital Galega do Nadal. Así o explicou este martes na Cidade da Cultura de Compostela o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, quen descubriu os motivos desta campaña.   Na súa intervención, Jesús Vázquez definiu a campaña como "unha completísima axenda de máis de 200 actividades para todos os públicos, co fin de encher o Nadal de ocio, diversión e disfrute para toda a familia". A campaña de Nadal comeza xa este martes, día 29 de novembro,...

 
Tempo de Lecer Ourense

A situación da escrita teatral galega, a debate en Dramaturxente 

Ourense, 29 de novembro de 2016

As Xornadas sobre Dramaturxia Galega Dramaturxente reunirán do 8 ao 10 de decembro no Salón Teatro de Santiago destacados profesionais dos distintos ámbitos implicados na escrita teatral e a creación escénica. O Centro Dramático Galego (CDG) e a nova Asociación Galega de Dramaturxia DramaturGA organizan este encontro co obxectivo de analizar desde un punto de vista integrador a situación do sector en Galicia, ao tempo que se busca darlle unha maior visibilidade social.   Así o explicou este martes Jacobo Sutil, director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), durante a presentación...

 
Tempo de Lecer Ourense

O Festival de Curtas de Verín presenta o seu programa oficial 

Verín, 29 de novembro de 2016

O Festival Internacional de Curtametraxes de Verín presentou este martes ante os medios de comunicación o seu programa oficial. O luns 5 de decembro, ás 21:30 horas, terá lugar no Auditorio Municipal de Verín o acto oficial de inauguración do Festival Internacional de Curtametraxes de Verín, que será presentado polo actor verinés Toño Salgado.   Para abrir esta primeira edición, a organización do Festival contará coa presentación (por parte do propio director e outros membros do seu equipo de rodaxe) e a posterior proxección da curtametraxe “El Pozo”, dirixido polo verinés Hector...

 
Tempo de Lecer Ourense

Recital a dous pianos das Irmáns Naughton 

Ourense, 28 de novembro de 2016

A cuarta tempada do ciclo Enclave de Cámara 2016 – 2017 continua coa súa programació cun novo concerto no Teatro Principal de Ourense. Nesta ocasión o protagonista é o piano co recital a dous pianos das Irmás Naughton este xoves 1 de decembro ás 20.30 horas cun amplo repertorio que inclúe obras de Mendelssohn, Ravel, Schoenfield, Mozart, Granados (no centenario do seu falecemento) e un arranxo para dous pianos da Suite do Crebanoces de Tchaikovski. Nacidas en Princeton, New Jersey, Christina e Michelle Naughton estudaron nas prestixiosas Juilliard School e o Curtis Institute of Music. cos mestres Evelyne Crochet, Gary...

 
Tempo de Lecer Ourense

O ciclo Cine e Vida celebra a súa sexta edición apostando polo cinema non comercial 

Ourense, 28 de novembro de 2016

O ciclo Cine e Vida, que organiza o Obispado de Ourense, en colaboración co Centro Cultural Marcos Valcárcel e a Parroquia San Pío X, celebra a súa VI edición e faino cun cartel de cinco películas que se proxectarán os días 30 de novembro, 21 de decembro, 25 de xaneiro, 22 de febreiro e 29 de marzo, ás 20.00 horas, no Centro Cultural Marcos Valcárcel. Así o explicaron este luns en rolda de prensa Francisco Prieto, vicario para a Nova Evanxelización; Isabel de Aguiar, secretaria da Vicaría e Francisco González, director do Centro Cultural.   O ciclo comeza...

 
Tempo de Lecer Ourense

Miguel Anxo Fernández gaña o XXXV Premio Blanco Amor coa novela "Blues para Moraima" 

Ourense, 26 de novembro de 2016

O escritor, ensaísta e investigador cinematográfico Miguel Anxo Fernández (O Carballiño, 1955) foi o gañador do XXXV Premio de Novela Longa Eduardo Blanco Amor coa obra Blues para Moraima. O xurado do certame que organiza a Deputación de Ourense deu a coñecer este sábado seu ditame, elixindo por maioría a obra do escritor carballiñés de entre 22 novelas presentadas ao premio. O galardón, cunha dotación económica de 12.000€, foi concedido polo xurado á obra de Miguel Anxo Fernández, destacando da novela Blues para Moraima “a axilidade narrativa, o tratamento histórico dunha época e a introdución do...

 
Tempo de Lecer Ourense
© 2009 - TDLOU