Domingo, 24 de setembro de 2017

Teatro solidario na Peroxa a favor do Banco de Alimentos 

Ourense, 07 de decembro de 2016

O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, acompañado polo alcalde da Peroxa, Manuel Seoane, e polo presidente do Banco de Alimentos de Ourense, Cecilio Santalices, presentaron este mércores no Pazo Provincial o acto solidario de nadal en favor do Banco de Alimentos de Ourense, que terá lugar no Auditorio Municipal da Peroxa o día 9 de decembro, ás 21.00 horas. O evento consistirá nunha representación teatral a cargo da compañía Sarabela Teatro, que porá en escena a obra Normas para saber vivir na sociedade actual, de Jean-Luc Lagarce, cun reparto...

 
Tempo de Lecer Ourense

Seleccionados os dez traballos finalistas do Festival Internacional de Cine Carlos Velo 

Ourense, 05 de decembro de 2016

Tras a presentación oficial do III Festival Internacional de Cine Carlos Velo o pasado día 1 de decembro na Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago, o certame da un paso máis para dar a coñecer os 10 traballos finalistas nas categorías de documental e de ficción presentados a concurso.   O Festival, o único de cine rural que se fai en Galicia Galicia e que leva o nome do cineasta natural da localidade de Cartelle, Ourense, exiliado en México, está organizado polos colectivos Lareira Pop e Arraianos, e nesta edición da...

 
Tempo de Lecer Ourense

A revista Raigame dedica un número monográfico a Neira Vilas  

Ourense, 02 de decembro de 2016

A Deputación de Ourense presentou este venres un traballo co que rende homenaxe a Xosé Neira Vilas no primeiro aniversario do seu pasamento. Trátase dun número monográfico da revista de arte, cultura e tradición popular Raigame, editada pola Deputación de Ourense, que recolle artigos literarios e de investigación do autor de Gres-Vila de Cruces, escritos por relevantes intelectuais galegos, e que incorpora, ademais, en formato facsímil o traballo publicado en 2011 con motivo do 50º aniversario da primeira edición de Memorias dun neno labrego. O presidente do goberno provincial, Manuel Baltar, dixo no...

 
Tempo de Lecer Ourense

Miguel Anxo Fernández recibe o XXXV Premio de Novela Blanco Amor  

Ourense, 01 de decembro de 2016

O escritor, ensaísta e investigador cinematográfico Miguel Anxo Fernández (O Carballiño, 1955) recibiu este xoves no Liceo de Ourense o XXXV Premio de Novela Longa Eduardo Blanco Amor, pola súa obra Blues para Moraima. O certame, dotado con 12.000€ e unha escultura do artista ourensán Acisclo Manzano, está organizado pola Deputación de Ourense e “existe grazas á xenerosidade dos concellos galegos que o viñan organizando, labor que agora desenvolve a Deputación, pero que segue a ser o premio dos concellos de Galicia", expresou no seu discurso o presidente do goberno provincial, Manuel...

 
Tempo de Lecer Ourense

O `Tartufo´do CDG chega esta fin de semana a Ourense 

Ourense, 01 de decembro de 2016

A xira do Centro Dramático Galego (CDG) con ‘Tartufo’, versión galega da coñecida comedia de ‘Molière’, pon rumbo cara ao Teatro Principal de Ourense, onde o espectáculo se representará este sábado día 3 de decembro, ás 20.30 horas, e o domingo 4, de decembro, ás 19.00 horas.   O galardoado director valenciano Carles Alfaro é o responsable da posta en escena desta montaxe, para a que contou cun equipo artístico e técnico galego. Entre os profesionais implicados na última produción propia do CDG, atópanse nomes indiscutibles do noso teatro xunto a novos...

 
Tempo de Lecer Ourense

Máis de 150 actividades culturais, deportivas e de lecer en Megaxove 

Ourense, 01 de decembro de 2016

Expourense remata o calendario feiral do 2016 coa celebración de Megaxove, que dende o 5 ata o 8 de decembro, ofrecerá máis de 150 actividades de lecer e deportivas que converterán ó recinto no punto de encontro da mocidade galega durante a vindeira semana. Nunha superficie de 8.000 metros cadrados daranse cita 26 expositores entre federacións e clubes deportivos, asociacións culturais e xuvenís de toda Galicia.   Esta edición de Megaxove foi presentada o xoves, día 2 de decembro, en Expourense nun acto no que participaron a delegada territorial da Xunta de...

 
Tempo de Lecer Ourense

O III Festival Internacional de Cine Rural Carlos Velo, en marcha 

Ourense, 01 de decembro de 2016

O programa da terceira edición do Festival Internacional de Cine Rural Carlos Velo (FICCVelo) deu comenzo o xoves na Facultade de Ciencias da Comunicación coa presentación e proxección do documental Cesteando a cargo do seu director Plácido Romero e do protagonista Toño de Val. A cinta ofrece unha poética e orixinal reflexión contemporánea sobre a liberdade persoal no mundo rural galego a través da historia de vida do seu protagonista, un cesteiro que vive en Lobeira, na Serra de Laboreiro. Con anterioridade a esta estrea, o vicerreitor de Comunicación e...

 
Tempo de Lecer Ourense

"Na procura do pasado" achéganos á orixe arqueolóxica de Ourense 

Ourense, 01 de decembro de 2016

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, e o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez Abad, inauguraron o mércores, día 30 de novembro, na sede de Afundación a mostra Na procura do pasado. Orixe e desenvolvemento da arqueoloxía en Ourense. A exposición ofrece un percorrido pola historia institucional do Museo Arqueolóxico Provincial e explica como a traxectoria está intimamente ligada á investigación arqueolóxica desenvolvida ao longo do tempo nesta provincia.   O conselleiro explicou que se trata dunha mostra transcendental “para coñecer os vestixios monumentais dispersos pola xeografía ourensá e...

 
Tempo de Lecer Ourense
© 2009 - TDLOU