Martes, 21 de novembro de 2017

IlMaquinario Teatro volve a Ourense con: "Perplexo" 

Ourense, 15 de decembro de 2016

Perplexo é unha obra orixinal de Marius Von Mayenburg pola que apostou a compañía ourensana IlMaquinario Teatro para levala aos escenarios no ano 2014. Trátase dunha obra orixinal do dramaturgo e profesor alemán Marius von Mayenburg, un dos autores europeos de maior éxito na actualidade, que dirixe Tito Asorey e que protagonizan Melania Cruz, Fernando González, Fran Lareu e Laura Míguez. Partindo dun dos últimos textos do dramaturgo alemán Marius Von Mayenbug, a compañía constrúe unha delirante comedia sobre a dificultade de atoparnos a nós mesmos na sociedade actual. A estrea foi no mes de...

 
Tempo de Lecer Ourense

Cultura tradicional na XI edición do Festival Internacional Rebulir 

Ramirás, 15 de decembro de 2016

A undécima edición do Festival Internacional Rebulir que coorganiza a Deputación de Ourense, comeza este xoves a desenvolver a súa programación que se prolongará ata o domingo, 18 de decembro, con actividades musicais, artísticas e culturais, nos municipios de Ramirás, Celanova e Ourense, unha variada programación que se completa coa entrega do seu tradicional Premio Homenaxe á Banda Municipal de Música de Ramirás, para recoñecer a súa longa traxectoria levando o nome do municipio alá por onde esta agrupación ten pasado. A entrega do galardón terá lugar o sábado, 17...

 
Tempo de Lecer Ourense

A diva internacional da ópera Sandra Ferrández, no Ciclo de Lírica de Ourense 

Ourense, 14 de decembro de 2016

A gran mezzosoprano española Sandra Ferrández ofrecerá un recital en Ourense baseado en canción española, opereta e ópera. O seu concerto, que terá lugar este venres, día 16 de decembro, ás 20:30 horas no Teatro Principal, no que estará acompañada ao piano por Husan Park, xerou gran expectación entre os fans de ópera en Galicia, xa que é unha das estrelas actuais da ópera internacional. Trátase dunha das figuras que compoñen o cartel do Ciclo de Lírica 2016 organizado polo Concello de Ourense. O prezo das entradas é de 5€ e...

 
Tempo de Lecer Ourense

O CDG montará dúas obras de Valle-Inclán no espectáculo: "Martes de Carnaval" 

Ourense, 13 de decembro de 2016

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, presentou este martes os principais proxectos da temporada 2016-2017 do Centro Dramático Galego (CDG), entre os que destacou a estrea o próximo 31 de marzo da obra de Ramón María del Valle-Inclán co espectáculo ‘Martes de Carnaval’, integrado polas pezas ‘As galas do defunto’ e ‘A filla do capitán’.   Román Rodríguez explicou que o paso a dominio público en 2017 da produción literaria do autor arousán posibilita legalmente a súa tradución a calquera das linguas do Estado, circunstancia “tan agardada e...

 
Tempo de Lecer Ourense

Música e retranca para recibir cun sorriso o Nadal 

Ourense, 13 de decembro de 2016

Acompañado pola Unión Musical de Allariz, o trío Vaamonde, Lamas & Romero foi o encargado este luns de pór a banda sonora ao Nadal no campus de Ourense ofrecendo un concerto que reuniu no Edificio Politécnico a membros da comunidade universitaria e cidadáns en xeral para celebrar xuntos o comezo destas festas. Con moito humor e retranca, algo de teatralidade e sobre todo con moita música popular galega reinterpretada desde a modernidade, Vaamonde, Lamas & Romero volveron sorprender e conquistar ao público coa súa orixinal proposta escénica. Antes e comezar o...

 
Tempo de Lecer Ourense

En marcha unha nova edición do Festival de Cine Carlos Velo 

Ourense, 13 de decembro de 2016

Mañá, mércores, día 14 de decembro, ás 17.00 horas, comeza a terceira edición do Festival Internacional de Cine Rural Carlos Velo na facultade de Ciencias da Comunicación da USC, cunha mesa redonda sobre Carlos Velo na que van participar Luis Álvarez, Fernando Redondo e Xosé Ramón Pousa, bos coñecedores da vida e da obra do cineasta de Cartelle. A continuación, vai ser a estrea da curtametraxe “Carlos Velo en México”, unha coproducción de Roberto López, discípulo de Velo, con Arraianos, Lareira Pop e o FICCVelo e proxectaranse os traballos finalistas na categoría de documental.     “Carlos Velo en México”   “Carlos Velo en México” é unha curtametraxe que recolle os testemuños da súa viúva, Carol de Swann e de alumnos,...

 
Tempo de Lecer Ourense

O Outono Fotográfico presenta a obra de Arturo Prieto no Espazo Lusquiños 

Ourense, 12 de decembro de 2016

O Espazo Lusquiños acolle unha nova exposición: Doppelgänger, un traballo de Arturo Prieto que se enmarca dentro do Outono Fotográfico. A presentación desta mostra tivo lugar este luns, acto no que participaron a concelleira de Xuventude, Sofía Godoy e o coordinador do Outono Fotográfico, Xosé Lois Vázquez.   Doppelgänger é un proxecto que mostra a disolución da relación retrato-identidade asociada tradicionalmente ao xénero, e explora o concepto das dualidades (realidade-dobre, imaxe-identidade ou interior-exterior) que adoitamos outorgarlle, algo que na serie se materializa na superposición dos retratos, a súa fragmentación e xeometrización e na utilización da...

 
Tempo de Lecer Ourense

Cristina Pato opta a dous Grammys 

Ourense, 07 de decembro de 2016

Os Premios Grammy, os principais galardóns mundiais da música, veñen de dar a coñecer os nominados para esta 59ª edición e entre eles atopamos dous dos proxectos nos que está implicada a gaiteira Cristina Pato: a súa formación Silk Road Ensemble, que opta ao mellor álbum de ‘world music’ por ‘Sing me home’, e o filme documental The Music of Strangers, dirixido por Morgan Neville, candidato ao Grammy ao mellor filme musical.    Yo-Yo Ma e o Silk Road Ensemble, a banda á que pertence Cristina Pato, estreou o pasado abril o disco ‘Sing Me...

 
Tempo de Lecer Ourense
© 2009 - TDLOU