Xoves, 23 de febreiro de 2017

… Porque Ourense é unha cidade de cultura. 

1, 04 de xaneiro de 2017

      … Porque Ourense é unha cidade de cultura   Traballamos a reo nos últimos sete anos   Dedicando todo o noso esforzo a difundir a actividade cultural da nosa cidade...   E tamén da provincia   Na nosa páxina web recollemos toda a información cultural: Teatro, Concertos, Cine, Exposicións, Conferencias, Obradoiros...   Unha información feita dende a rigurosidade     A profesionalidade     E o aprecio polo traballo ben feito.     Circunstancias alleas a nós obrígannos agora a pechar a páxina web.     Ímonos con moita tristeza...     Pero agardando por novos tempos e por cinscunstancias máis propicias     Que nos permitan retomar este proxecto.     Por todo isto...     Oxalá que o adeus que hoxe vos...

 
Tempo de Lecer Ourense

A mostra Pop Art Icons enche o Marcos Valcárcel da mellor arte popular 

Ourense, 22 de decembro de 2016

O Centro Cultural Marcos Valcárcel estrea unha nova exposición de Pop Art, a cal enche todas as instalacións do centro desde o 22 de decembro ata o 19 de febreiro, con visitas guiadas diarias ás 18.30 horas. A presentación da mostra tivo lugar este xoves, acto no que participaron o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; a presidenta da Fundación Cum Laude, Ángeles Rodríguez Baliño; o directivo de MBA, Iñaki López Aranguren; e o director do Centro Cultural, Francisco González.   O presidente da Deputación de Ourense agradeceu a MBA e...

 
Tempo de Lecer Ourense

'O traxe novo da emperatriz' xa está listo para a súa estrea 

Ourense, 22 de decembro de 2016

"Nun país non moi afastado, a emperatriz trae de cabeza a todo o reino. Os seus chanceleres xa non saben como facer para que pare de gastar e sexa consciente da crise que asola ao país. O pobo pasa fame e frío, pero a ela non lle importa. Un bo día chega a oídos da emperatriz a presenza no reino duns xastres espectaculares. Non parará ata que lle confeccionen o mellor traxe do mundo, o nunca visto, aínda que o pobo cada vez estea peor. Rebelaranse algún día?" Con este...

 
Tempo de Lecer Ourense

A Deputación edita o primeiro libro dos Bolechas dedicado ao termalismo de Ourense 

Ourense, 20 de decembro de 2016

O Centro Cultural Marcos Valcárcel da Deputación de Ourense acolleu este martes a presentación do primeiro libro que os personaxes infantís galegos Os Bolechas dedican ao termalismo da provincia de Ourense, unha publicación editada pola Deputación e que ten como obxectivo "promocionar a nosa riqueza termal a través dun vehículo de comunicación infantil tan potente como Os Bolechas, que falan a nosa lingua e conectan con ese sentimento a prol da nosa terra", dixo o presidente do goberno provincial, Manuel Baltar, no acto de presentación, diante duns 400 alumnos de...

 
Tempo de Lecer Ourense

Un escaparate único do talento ourensán chamado pOpUp 

Ourense, 16 de decembro de 2016

Ser un escaparate único do talento ourensán reunindo por primeira vez, nun mesmo espazo, aos mellores profesionais dos distintos sectores: Artesanía, moda, tendencias, agasallos, xoguetes, gastronomía, etc. Este é o obxectivo fundamental de: pOpUp, unha actividade que se desenvolverá do 21 ao 24 de decembro na Alameda. O evento presentouse este venres no Concello, nunha rolda de prensa na que os organizadores da iniciativa estiveron acompañados polo alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e máis pola concelleira de Xuventude, Sofía Godoy.   Os visitantes ao pOpUp poderán desfrutar de gastronomía con hamburguesas galegas...

 
Tempo de Lecer Ourense

O teatro infantil volve polo Nadal da man da Moti 

Ourense, 16 de decembro de 2016

É tempo de Nadal e un ano máis a Mostra de Teatro Infantil de Ourense Moti volve á programación cultural da cidade para encher de fantasía o tempo de ocio dos máis cativos e cativas. A 13 edición deste certame celebrarase na semana do 26 ao 30 de decembro, aínda que para abrir boca haberá un espectáculo de rúa o día 18. Serán en total de 16 compañías e 18 representacións as que se levarán a cabo en diferentes escenarios da cidade.    Belén Iglesias, concelleira de Cultura; Olga Mojón, directora do Teatro Principal...

 
Tempo de Lecer Ourense

O Festival de Cine Carlos Velo da a coñecer aos seus gañadores 

Ourense, 16 de decembro de 2016

O Festival de Cine Carlos Velo puxo hoxe o punto final a esta terceira edición dando mostra de que se consolida como un referente do cinema rural que segue a gañar peso e facendose oco no panorama audiovisual. Neste eido, resaltar a colaboración que os colectivos organizadores, Arraianos e Lareira Pop, tiveron este ano da man da Universidade de Santiago, USC, e o Concello de Santago, ademais do Ministerio de Agricultura, Pesca, Alimentación e Medio Ambiente, Mapama, que marcan o inicio dunha nova e prometedora etapa.   Na xornada de hoxe levouse...

 
Tempo de Lecer Ourense

O Teatro Principal presenta a nova temporada cunha vintena de citas no cartel 

Ourense, 15 de decembro de 2016

O Teatro Principal de Ourense presentou este xoves a súa nova temporada de programación, que inclúe de xaneiro a xuño de 2017 unha vintena de citas coa escena e a música da man tanto de formacións galegas como de grandes nomes da dirección e da interpretación española, así como das compañías participantes na XXII Mostra Internacional de Teatro Universitario (Miteu).   Na presentación a directora do espazo, Olga Mojón, estivo acompañada por Jacobo Sutil, director da Axencia Galega das Industrais Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, e máis por Aurelio Gómez, asesor de Cultura...

 
Tempo de Lecer Ourense
© 2009 - TDLOU