No caso do metílico non se fixo xustiza

 

 Se unha soa copa de licor abonda para matar ou deixar cega a unha persoa, cantas copas se poden encher con 75.000 litros de alcohol metílico? Esta foi a sinxela operación que Fernando Seoane, fiscal do Caso do Metílico, lle convidou a facer a Fernando Méndez para que tivera unha idea da magnitude da traxedia pola que lle estaba a preguntar. O escritor e xornalista soubo entón "que estaba ante a historia do maior envelenamento masivo ocorrido en España" e decidiu investigar o tema.

Novas relacionadas

© 2009 - TDLOU