Historia de Xinzo de Limia


Despois de traballar durante 30 anos na banca, Edelmiro Martínez aproveitou a súa pre-xubilación para cambiar a xestión e os números pola investigación da historia da súa localidade natal, Xinzo de Limia, onde naceu hai 67 anos. O froito deste traballo é a publicación de catro libros sobre distintos aspectos da súa terra. O último é o titulado: Historia de Xinzo de Limia, no que levou a cabo un minucioso traballo de investigación bibliográfica e documental para amosar unha perspectiva xeral sobre todos os periodos da historia de Xinzo e do seu concello dende a época castrexa ou prerromana ata a Idade Contemporánea. Edelmiro asegura que "os pobos que non teñen historia carecen de autoestima" e de aí o que él mesmo califica como "unha teima" por investigar e publicar a historia do seu concello.

© 2009 - TDLOU