O lecer das augas

 

O Centro Cultural da Deputación de Ourense acolleu o día 4 de marzo o acto de presentación do libro O lecer das augas. Historia dos balnearios de Galicia. 1700-1936, editado por Galaxia e do que son autores Luis Alonso Álvarez, Elvira Lindoso Tato e Margarita Vilar Rodríguez. O libro é o resultado dun rigoroso traballo de investigación histórica patrocinado pola Asociación de Balnearios de Galicia e mais pola Cámara Oficial Mineira de Galicia que aborda as orixes e a evolución histórica dun sector con longa tradición na nosa comunidade e que axudará tamén a repensar o futuro duns servizos que supoñen unha riqueza de gran importancia para a nosa terra. 

© 2009 - TDLOU