Taller literario sobre a obra de Julio Cortázar

Librería Eixo (Ourense)

 

A Librería Eixo acolle os días 8 de abril e 5 de maio un taller literario sobre a obra de Julio Cortázar.

 

O taller titúlase: A ficción da realidade, a realidade da ficción, e será impartido por Xesús Caramés, experto na vida e na obra do escritor arxentino, que convidará aos asistentes a reflexionar sobre a obra de Cortázar ao tempo que desvelará o seu trasfondo e segredos.


O taller comeza ás 19.15 horas, con entrada gratuita. Organiza a Fundación Cum Laude.






Actividade: Taller literario sobre a obra de Julio Cortázar

Data: 05 de maio de 2014 ás 19:15h

Lugar: Librería Eixo (Ourense). (rúa Cardenal Quevedo, 36)

Prezo: De balde.

© 2009 - TDLOU