Desfile de fulións en Vilariño de Conso

Vilariño de Conso

 

 

O domingo de entroido, 10 de febreiro, terá lugar o Entroido de Vilariño de Conso. A festa comezará ás 11,30 horas coa lectura do pregón. Cinco minutos máis tarde terá lugar o acto máis importante da festa: o desfile de fulións. A persoaxe máis popular do entroido en Vilariño e o Boteiro, unha máscara feita de madera de bidueiro, pintada de negro e co bico vermello. A personaxe leva unha camisa bordada con infinidade de anacos de fitas de cores, formando figuras xeométricas. O pantalón, xeralmente é encarnado, con flecos nos laterais. Sobre o cinto leva as esquilas, campaíñas do gando que ao moverse producen un alegre tintinéo. Leva un báculo, xeralmente con debuxos, e no ramate ponse unha cola de raposa.

 

Este ano, a comisión organizadora ten un regalo moi especial para os participantes. A comisón fará entrega de un bombo para o Entroido ao posuidor da rifa cuia últimas tres cifras coincidan coas do primeiro premio da Lotería Nacional, no sorteo do xoves, 14 de febreiro. O precio da rifa é de 2 euros.



Actividade: Desfile de fulións en Vilariño de Conso

Data: 10 de febreiro de 2013 ás 11:30h

Lugar: Vilariño de Conso.

Prezo: Gratuito

Novas relacionadas

© 2009 - TDLOU