Festa da Androlla

Viana do Bolo

 

 

O domingo, 10 de febreiro, é  día grande do entroido de Viana do Bolo, no que se celebra a XLIII Festa da Androlla. As actividades comezarán ás 11,00 horas da mañán, cun pasarrúas a cargo do grupo de gaitas do Concello. O Domingo Gordo é o día grande do carnaval. Desde ben cedo a Banda de Gaitas Municipal percorre as rúas con alboradas. Trala recepción ás autoridades, o pregón e a entrega das insignias da androlla, iníciase o gran desfile que percorre as principais rúas, participando todos os personaxes típicos do entroido: Os Boteiros, A Mula, Os Fulións e As Carrozas. A camisa dos boteiros é artesanal, confeccionada con máis de mil metros de seda ou cinta de raso, que forman distintas figuras xeométricas. A Mula vai guiada por un maragato; antigamente subíase ao seu lombo ao cacique da aldea para que convidase a viño e viandas a todos os veciños. O Fulión é unha banda de música formada polos lugareños, que fan soar ritmicamente grandes bombos e apeiros de labranza.

 

As 11,30 horas será a recepción oicial de autoridades no salón de actos do Concello, e a imposición das insignias de Ouro da Androlla.

 

As 12,15 horas terá lugar o pregón e momentos despois comezará o desfile, coa saída de tódolos boteiros e pantallas en busca dos folións polas rúas e prazas do pobo.

 

O xantar oficial será ás 15,00 horas, na carpa e no pavillón municipal.

 

A festa continuará ás 18,00 horas co desfile de folións polás rúas e prazas do pobo. E a xornada rematará cunha festa na Praza Maior, a partires das 21,00 horas.



Actividade: Festa da Androlla

Data: 10 de febreiro de 2013 ás 15:00h

Lugar: Viana do Bolo .

Prezo: Por determinar

Novas relacionadas

© 2009 - TDLOU