Xoves de Comadres

Viana do Bolo

 

 

O xoves, 7 de febreiro, será o día de Comadres. Durante o día as mulleres perseguen os homes para botarlles fariña. Pola tarde, os nenos teñen desfiles de disfraces e carrozas, acompañados de grupos tocando o fulión. Á noite as mulleres, disfrazadas e agrupadas en comparsas que rivalizan entre elas, organizan unha cea.

 

O desfile de disfraces do Centro de Educación Infantil e Primaria  Bibei será a partires das 15,00 horas.

 

Pola noite serán as ceas de comadres nos distintos restaurantes da vila. Haberá folión, troula e fariña toda a noite.



Actividade: Xoves de Comadres

Data: 07 de febreiro de 2013 ás 15:00h

Lugar: Viana do Bolo .

Prezo: De balde.

Novas relacionadas

© 2009 - TDLOU