13ª MOTI coa obra: "Sinergia"

Auditorio Municipal (Ourense)

 

A MOTI -Mostra de Teatro Infantil- celebra a súa 13ª edición do 26 ao 30 de decembro coa participación de 16 compañías, procedentes a metade delas de Galicia e o resto de Cataluña, País Vasco, Madrid, Asturias, Arxentina e Portugal. Elas serán as encargadas de ofrecer 18 representacións de diferente formato, desde teatro para bebés a circo contemporáneo, e un concerto. Tamén haberá obradoiros relacionados con compañías ou obras presentadas e xogos artesáns. Entre os espectáculos que se poderán ver estarán Moby Dick, de Teatro Gorakada, e Sinergia, de Nueveuno. Haberá funcións no  Auditorio, Teatro Principal, Campus e rúas da cidade, todo elo da man da compañía Sarabela Teatro.


No marco da programación da MOTI o venres, día 30 de decembro,Auditorio Municipal de Ourense acolle a obra: Sinergia, unha peza de teatro de circo contemporáneo para todos os públicos que presenta a compañía madrileña Nueveuno. Haberá función ás 19.30 horas. A entrada custa 4€.

 

Máis información no blog da MOTI: http://motiourense.blogspot.com.es/



 



Actividade: 13ª MOTI coa obra: "Sinergia"

Data: 30 de decembro de 2016 ás 19:30h

Lugar: Auditorio Municipal (Ourense). (Rúa da Canle, 2)

Prezo: 4€.

Novas relacionadas

© 2009 - TDLOU