13ª MOTI. Obradoiro de creación de xoguetes-títeres

Sala Emilia Pardo Bazán do Edificio de Facultades (Ourense - campus universitario)

 

A MOTI -Mostra de Teatro Infantil- celebra a súa 13ª edición do 26 ao 30 de decembro coa participación de 16 compañías, procedentes a metade delas de Galicia e o resto de Cataluña, País Vasco, Madrid, Asturias, Arxentina e Portugal. Elas serán as encargadas de ofrecer 18 representacións de diferente formato, desde teatro para bebés a circo contemporáneo, e un concerto. Tamén haberá obradoiros relacionados con compañías ou obras presentadas e xogos artesáns. Entre os espectáculos que se poderán ver estarán Moby Dick, de Teatro Gorakada, e Sinergia, de Nueveuno. Haberá funcións no  Auditorio, Teatro Principal, Campus e rúas da cidade, todo elo da man da compañía Sarabela Teatro.


No marco da programación da MOTI o xoves, día 29 de decembro, a ludoteca que está ao carón da Sala Emilia Pardo Bazán do Edificio de Ferro (campus universitario de Ourense) acolle un obradoiro de creación de xoguetes e de títeres que presenta a compañía asturiana La sonrisa del lagarto para todos os públicos. Será ás 19.15 horas, como actividade complementaria do espectáculo Basurilla que se presenta antes. Entrada libre (coa entrada do espectáculo anterior).

 

Máis información no blog da MOTI: http://motiourense.blogspot.com.es/



 



Actividade: 13ª MOTI. Obradoiro de creación de xoguetes-títeres

Data: 29 de decembro de 2016 ás 19:15h

Lugar: Sala Emilia Pardo Bazán do Edificio de Facultades (Ourense - campus universitario).

Prezo: De balde

Novas relacionadas

© 2009 - TDLOU