13ª MOTI. Instalación de xogos: "Garabato de bicicleta (Parque de Nadal)"

Auditorio Municipal (Ourense)

 

A MOTI -Mostra de Teatro Infantil- celebra a súa 13ª edición do 26 ao 30 de decembro coa participación de 16 compañías, procedentes a metade delas de Galicia e o resto de Cataluña, País Vasco, Madrid, Asturias, Arxentina e Portugal. Elas serán as encargadas de ofrecer 18 representacións de diferente formato, desde teatro para bebés a circo contemporáneo, e un concerto. Tamén haberá obradoiros relacionados con compañías ou obras presentadas e xogos artesáns. Entre os espectáculos que se poderán ver estarán Moby Dick, de Teatro Gorakada, e Sinergia, de Nueveuno. Haberá funcións no  Auditorio, Teatro Principal, Campus e rúas da cidade, todo elo da man da compañía Sarabela Teatro.


No marco da programación da MOTI o mércores, día 28 de decembro,Auditorio Municipal de Ourense -na explanada ou no hall, dependendo da choiva- acolle unha instalación de xogos que presenta a compañía catalana Guixot de 8 baixo o título: Garabato de bicicleta (Parque de Nadal). Será en horario de 17.30 a 19.30 e de 20.30 a 21.30 horas. A entrada é gratuita.

 

Máis información no blog da MOTI: http://motiourense.blogspot.com.es/



 



Actividade: 13ª MOTI. Instalación de xogos: "Garabato de bicicleta (Parque de Nadal)"

Data: 28 de decembro de 2016 ás 17:30h

Lugar: Auditorio Municipal (Ourense). (Rúa da Canle, 2)

Prezo: De balde

Novas relacionadas

© 2009 - TDLOU