A MOTI -Mostra de Teatro Infantil- celebra a súa 13ª edición do 26 ao 30 de decembro coa participación de 16 compañías, procedentes a metade delas de Galicia e o resto de Cataluña, País Vasco, Madrid, Asturias, Arxentina e Portugal. Elas serán as encargadas de ofrecer 18 representacións de diferente formato, desde teatro para bebés a circo contemporáneo, e un concerto. Tamén haberá obradoiros relacionados con compañías ou obras presentadas e xogos artesáns. Entre os espectáculos que se poderán ver estarán Moby Dick, de Teatro Gorakada, e Sinergia, de Nueveuno. Haberá funcións no Auditorio, Teatro Principal, Campus e rúas da cidade, todo elo da man da compañía Sarabela Teatro.
No marco da programación da MOTI o luns, día 26 de decembro, a Sala Emilia Pardo Bazán do Edificio de Ferro (campus universitario de Ourense) acolle o concerto: Magín Blanco e a banda das apertas, protagonizado polo músico galego Magín Blanco, para nenos de 3 a 10 anos. Será ás 18.15 horas. A entrada custa 3€.
Máis información no blog da MOTI: http://motiourense.blogspot.com.es/
Actividade: 13ª MOTI. Concerto: "Magín Blanco e a banda das apertas"
Data: 26 de decembro de 2016 ás 18:15h
Lugar: Sala Emilia Pardo Bazán do Edificio de Facultades (Ourense - campus universitario).
Prezo: 3€.