13ª MOTI. Obradoiro: "Paisaxes segredas"

Sala Emilia Pardo Bazán do Edificio de Facultades (Ourense - campus universitario)

 

A MOTI -Mostra de Teatro Infantil- celebra a súa 13ª edición do 26 ao 30 de decembro coa participación de 16 compañías, procedentes a metade delas de Galicia e o resto de Cataluña, País Vasco, Madrid, Asturias, Arxentina e Portugal. Elas serán as encargadas de ofrecer 18 representacións de diferente formato, desde teatro para bebés a circo contemporáneo, e un concerto. Tamén haberá obradoiros relacionados con compañías ou obras presentadas e xogos artesáns. Entre os espectáculos que se poderán ver estarán Moby Dick, de Teatro Gorakada, e Sinergia, de Nueveuno. Haberá funcións no  Auditorio, Teatro Principal, Campus e rúas da cidade, todo elo da man da compañía Sarabela Teatro.


No marco da programación da MOTI o luns, día 26 de decembro, a Sala Pardo Bazán do Edificio de Ferro (campus universitario de Ourense) acolle o obradoiro: Paisaxes segredas, unha actividade complementaria que pón en marcha o Colectivo Recreo para nenos de 3 a 8 anos. Será ás 12.00 horas, con entrada gratuita.

 

Máis información no blog da MOTI: http://motiourense.blogspot.com.es/



 



Actividade: 13ª MOTI. Obradoiro: "Paisaxes segredas"

Data: 26 de decembro de 2016 ás 12:00h

Lugar: Sala Emilia Pardo Bazán do Edificio de Facultades (Ourense - campus universitario).

Prezo: De balde

Novas relacionadas

© 2009 - TDLOU