13ª MOTI: Invasión MOTI

Rúa do Paseo (Ourense)

 

A MOTI -Mostra de Teatro Infantil- celebra a súa 13ª edición do 26 ao 30 de decembro coa participación de 16 compañías, procedentes a metade delas de Galicia e o resto de Cataluña, País Vasco, Madrid, Asturias, Arxentina e Portugal. Elas serán as encargadas de ofrecer 18 representacións de diferente formato, desde teatro para bebés a circo contemporáneo, e un concerto. Tamén haberá obradoiros relacionados con compañías ou obras presentadas e xogos artesáns. Entre os espectáculos que se poderán ver estarán Moby Dick, de Teatro Gorakada, e Sinergia, de Nueveuno. Haberá funcións no  Auditorio, Teatro Principal, Campus e rúas da cidade, todo elo da man da compañía Sarabela Teatro.


Con todo, o primeiro espectáculo da MOTI será xa este domingo, día 18 de decembro, cun espectáculo de Teatro de Rúa que chegará da man da compañía Trécola Teatro. Presentará unha produción titulada: Invasión MOTI, ás 19.00 horas na rúa do Paseo.



Actividade: 13ª MOTI: Invasión MOTI

Data: 18 de decembro de 2016 ás 19:00h

Lugar: Rúa do Paseo (Ourense).

Prezo: De balde

Novas relacionadas

© 2009 - TDLOU