I Festival Internacional de Curtametraxes de Verín

Verín (Ourense)

 

O Concello de Verín organiza o Festival Internacional de Curtametraxes de Verín (FICV) que se vai celebrar os días 5 a 11 de decembro con proxeccións e outras actividades paralelas no Auditorio Municipal e na Casa da Cultura desta localidade.


O FICV seleccionou este ano 39 curtametraxes internacionais nas súas tres seccións oficiais a concurso.  O certame contará cunha selección final de obras de ficción, animación e documental, todas elas dun gran nivel procedentes de Galicia, Colombia, México, España, Brasil e Luxemburgo. Ademais das curtas nacionais, o certame verinés contará cunha selección de traballos internacionais que conforman unha completa e atractiva grella de programación. 





Actividade: I Festival Internacional de Curtametraxes de Verín

Data: 06 de decembro de 2016 ás 18:00h

Lugar: Verín (Ourense).

Prezo: De balde

Novas relacionadas

© 2009 - TDLOU