IV Concerto de San Martiño

Catedral (Ourense)



O xoves, día 17 de novembro, celébrase na Catedral de Ourense o IV Concerto de San Martiño coa actuación de Lidia Basteretxea (soprano) e Giuliu Mercati (órgano).


Este ano trátase dunha excelente e novedosa proposta, pois no programa se combinarán obras para órgano solista con outras nas que este instrumento acompañará a unha soprano solista.

 

O concerto comeza ás 20.30 horas, con entrada gratuita.

 



Actividade: IV Concerto de San Martiño

Data: 17 de novembro de 2016 ás 20:30h

Lugar: Catedral (Ourense).

Prezo: De balde

© 2009 - TDLOU