XXII Festa da Castaña e do Cogumelo

Riós (Verín)

 

Concello de Riós ensalzará os seus dous produtos insignia, na XXII Festa da Castaña e do Cogumelo, que se celebrará os días 5 e 6 de novembro con actividades dirixidas a todos os públicos.


O programa de actividades é o seguinte:


Sábado, 5 de novembro de 2016:

- 10.00h. Saída ao campo con monitores da Asociación Micolóxica Os Cogordos.

- 18.30h. Conferencia: Pragas do castiñeiro, a cargo de Rafael Vahamonde.

- 20.00h. Magosto popular na Praza do Toural. Menú: castañas, empanada, panceta, chourizo, bica, pan e bebida.


Domingo, 6 de novembro de 2016:

- 09.30h. Saída do Tour Ciclista da Castaña.

- 10.30h. Apertura do recinto feiral.

- 11.00h. Pasarrúas.

- 12.30h. Entrega dos premios do Concurso de Fotografía.

- 13.00h. Degustación de produtos típicos (2€).

- 14.00h. Entrega de premios do Tour Ciclista na Praza do Toural.



Actividade: XXII Festa da Castaña e do Cogumelo

Data: 05 de novembro de 2016 ás 10:00h

Lugar: Riós (Verín).

Prezo: De balde

Novas relacionadas

© 2009 - TDLOU