III Carreira Popular de Monterrei

Monterrei (Verín)

 

Concello de Monterrei acolle o domingo, día 6 de novembro, a terceira edición da carreira popular de Monterrei, proba oficial da Federación Galega de Atletismo.


A saída da proba efectuarase segundo a categoría, así benxamín e alevín sairán ás 10.50 horas, e percorrerán unha distancia de 1 quilómetro. As categorías de infantil e cadete saíran ás 10.30 horas cunha distancia de 2 quilómetros, mentres que a categoría prebenxamín (nados no ano 2010 e 2011) daranse cita ás 12.35 horas, cun percorrido de 400 metros, e a categoría pitufos (nados no ano 2012, 2013, 2014 e 2015) ás 12.45 horas, e realizarán un percorrido de 200 metros. Ás 11.15 horas será a quenda para a carreira absoluta nas categorías xuvenil, júnior, promesa, sénior e veteranos, que percorrerán unha distancia de 10 quilómetros, homologados pola RFEA (Real Federación Española de Atletismo).


Tanto a saída como a meta estarán situadas na rúa Progreso, na localidade de Albarellos, ao carón da Casa do Concello de Monterrei, onde se realizará a entrega de dorsais.


Os interesados en participar poderán inscribirse na páxina web www.championchipnorte.com ata o día 3 de novembro, cunha cota de inscrición de 5€ para a carreira absoluta, mentres que a participación nas carreiras escolares é de balde.



Actividade: III Carreira Popular de Monterrei

Data: 06 de novembro de 2016 ás 10:30h

Lugar: Monterrei (Verín).

Prezo: Carreira absoluta: 5€; Carreiras escolares: De balde.

Novas relacionadas

© 2009 - TDLOU