Espectáculo de danza: "Ensaio Amor"

Auditorio Municipal (Ourense)

 

O Auditorio Municipal de Ourense acolle o xoves, día 10 de novembro, a presentación da obra: Ensaio Amor, unha peza de danza protagonizada polas bailarinas Nuria Sotelo e Clara Ferrao, coa música da violonchelista Macarena Montesinos e con Lena Vilanova (intérprete).

 

Ensaio amor é unha peza que a través da música, danza e o texto aborda o universo feminino das súas creadoras. Unha violonchelista, dúas bailarinas e unha bebé en escena, reflexionan cos seus corpos, coa súa música e verbas sobre si mesmas como mulleres, artistas, nais e amantes. 


Ensaio amor non fala sobre o amor, é un acto de amor.  Ensaio amor non fala sobre a resistencia, é un acto de resistencia.  Ensaio amor non fala sobre a maternidade, leva implícita unha realidade. 

 

A función comeza ás 20.30 horas e está especialmente recomendada para maiores de 16 anos. A entrada custa 3€ e pódese mercar en ataquilla.com (máis 0,80€ de gastos de xestión) ou na taquilla do Auditorio dende dúas horas antes do comezo da función.



Actividade: Espectáculo de danza: "Ensaio Amor"

Data: 10 de novembro de 2016 ás 20:30h

Lugar: Auditorio Municipal (Ourense). (Rúa da Canle, 2)

Prezo: 3€

© 2009 - TDLOU