IV Encontro Cívico da rúa da Paz

Rúa da Paz (Ourense)

 

 

O xoves, día 27 de outubro, celébrase o IV Encontro Cívico da Rúa da Paz co seguinte programa de actividades:

 

- 17.00h. Apertura da exposición de anuncios publicitarios antigos da rúa da Paz.

 

- 19.00h. Xuntanza de confraternidade coas persoas maiores relacionadas coa rúa.

 

- 20.30h. Concerto da Coral de Ruada e de Airiños da Rúa.

 

- 20.45h. Pregón e cortexo cívico pola rúa comentando as súas particularidades histórics, culturais e patrimoniais a cargo do arquitecto Alfredo Freixedo.

 

- 21.00h. Convivio nos bares Sol, San Xes e Orellas, animado polo grupo de cantareiras As Damnificadas (previa adquisición dunha taza conmemorativa por 3€).



Actividade: IV Encontro Cívico da rúa da Paz

Data: 27 de outubro de 2016 ás 17:00h

Lugar: Rúa da Paz (Ourense).

Prezo: De balde

© 2009 - TDLOU