Ruta cultural: "Camiño de Santiago a Fisterra"

Campus universitario (Ourense)

 

As rutas culturais do Servizo de Deportes da Universidade de Vigo volven as andadas neste curso 2016/2017. Nestas rutas, os amantes das andainas terán a oportunidade de realizar once rutas diferentes, percorrer máis de 200 quilómetros pola xeografía galega e sobre todo divertirse camiñando, coñecendo o patrimonio cultural e natural da contorna e compartindo unha actividade de ocio. 


No marco da programación das rutas culturais o sábado, día 13 de maio, celébrase o Camiño de Santiago a Fisterra (3ª etapa), de 20 quilómetros de distancia e dificultade baixa-media.


Os participantes realizarán o seguinte percorrido: Hospital – Ermida A Nosa Señora das Neves – Corcubión - Fisterra. Ao remate da ruta existirá a posibilidade de bañarse na praia de Langosteira. Levar traxe de baño, toalla, sandalias, etc

 

As saída será ás 09.00 horas dende o Campus de Ourense; en Pontevedra nas proximidades do Cafetín da Alameda; e en Vigo Rúa Areal, número 46. Os inscritos deberán levar a súa propia comida e o equipo aconsellable para este tipo de actividades de deporte ao aire libre.

  

Poden inscribirse nesta andaina persoas da comunidade universitaria e de fóra dela, cun custe de 10€ para o primeiro colectivo e de 15€ para o segundo, ademais de ter a posibilidade de pagar 40€ por cinco rutas e 85€ por 11 roteiros. As inscricións comenzarán 15 días antes de cada ruta e ata o xoves anterior á súa celebración.


O programa completo de rutas é o seguinte:


- Sábado, 22 de outubro de 2016. Ruta Ourense Termal.

- Sábado, 5 de novembro de 2016. Ruta Muíños da Barosa - Fervenza de Segade.

Sábado, 19 de novembro de 2016. Ruta do Val do Narcea

- Sábado, 10 de decembro de 2016. Ruta da Ribeira Sacra - Magosto.

- Sábado, 14 de xaneiro de 2017. Ruta Salcedo no Tempo.

- Sábado, 4 de febreiro de 2017. Ruta no Val Glaciar de Forcadas, en Chandrexa de Queixa.

- Sábado, 18 de febreiro de 2017. Ruta do Contrabando.

- Sábado, 4 de marzo de 2017. Ruta polo Courel - Devesa da Rogueira.

- Sábado, 25 de marzo de 2017. Ruta ao Teixadal de Casaio

- Días 22 e 23 de abril de 2017. Fin de semana no Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés.

- Sábado, 13 de maio de 2017. Camiño de Santiago a Fisterra (3ª etapa).

 



Actividade: Ruta cultural: "Camiño de Santiago a Fisterra"

Data: 13 de maio de 2017 ás 09:00h

Lugar: Campus universitario (Ourense).

Prezo: Prezo: 10€ (comunidade universitaria); 15€ (usuarios externos)

Organiza: Servizo de Deportes da Universidade de Vigo.

Novas relacionadas

Tempo de Lecer Ourense
16 de novembro de 2016
© 2009 - TDLOU