Ruta cultural: "Fin de semana no Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés"

Campus universitario (Ourense)

 

As rutas culturais do Servizo de Deportes da Universidade de Vigo volven as andadas neste curso 2016/2017. Nestas rutas, os amantes das andainas terán a oportunidade de realizar once rutas diferentes, percorrer máis de 200 quilómetros pola xeografía galega e sobre todo divertirse camiñando, coñecendo o patrimonio cultural e natural da contorna e compartindo unha actividade de ocio. 


No marco da programación das rutas culturais os días 22 e 23 de abril celébrase unha fin de semana no Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés.


Os participantes realizarán o seguinte percorrido: Día 1: desprazamento, aloxamento e ruta curta – visitas interpretativas; Día 2: ruta longa e regreso.

 

As saída será ás 09.00 horas dende o Campus de Ourense; en Pontevedra nas proximidades do Cafetín da Alameda; e en Vigo Rúa Areal, número 46. Os inscritos deberán levar a súa propia comida e o equipo aconsellable para este tipo de actividades de deporte ao aire libre.

  

Poden inscribirse nesta andaina persoas da comunidade universitaria e de fóra dela, cun custe de 10€ para o primeiro colectivo e de 15€ para o segundo, ademais de ter a posibilidade de pagar 40€ por cinco rutas e 85€ por 11 roteiros. As inscricións comenzarán 15 días antes de cada ruta e ata o xoves anterior á súa celebración.


O programa completo de rutas é o seguinte:


- Sábado, 22 de outubro de 2016. Ruta Ourense Termal.

- Sábado, 5 de novembro de 2016. Ruta Muíños da Barosa - Fervenza de Segade.

Sábado, 19 de novembro de 2016. Ruta do Val do Narcea

- Sábado, 10 de decembro de 2016. Ruta da Ribeira Sacra - Magosto.

- Sábado, 14 de xaneiro de 2017. Ruta Salcedo no Tempo.

- Sábado, 4 de febreiro de 2017. Ruta no Val Glaciar de Forcadas, en Chandrexa de Queixa.

- Sábado, 18 de febreiro de 2017. Ruta do Contrabando.

- Sábado, 4 de marzo de 2017. Ruta polo Courel - Devesa da Rogueira.

- Sábado, 25 de marzo de 2017. Ruta ao Teixadal de Casaio

- Días 22 e 23 de abril de 2017. Fin de semana no Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés.

- Sábado, 13 de maio de 2017. Camiño de Santiago a Fisterra (3ª etapa).

 



Actividade: Ruta cultural: "Fin de semana no Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés"

Data: 22 de abril de 2017 ás 09:00h

Lugar: Campus universitario (Ourense).

Prezo: Prezo: 10€ (comunidade universitaria); 15€ (usuarios externos)

Organiza: Servizo de Deportes da Universidade de Vigo.

Novas relacionadas

Tempo de Lecer Ourense
16 de novembro de 2016
© 2009 - TDLOU