Noite Meiga, en Ribadavia

Ribadavia (Ourense)

 

O sábado, día 29 de outubro, celébrase en Ribadavia a 16ª edición da Noite Meiga, organizada pola Asociación Ribadavia Activa-T.


O programa de actividades é o seguinte:


17:00-01:00 h – Mercadiño Meigo de Artesanía – Praza Maior e Madalena.

17:30-19:30 h – Baile de Feiticeiros – Para nenos/as no Club Artísticos, entrada por abaixo.

17:30-19:30 h – Photocall Meigo a cargo de Tamara Portela – No Club Artístico.

20:00 h – Desfile animado por a Dama de Lume, Santa Compaña, os Tabaleiros da Istoria, Xitume Batuque, Donas sen Cabaleiros,… - Saída da ponte de San Francisco.

21:00 h – Actuación do grupo de percusión Xitume Batuque - Praza Maior, Madalena, Barrio Xudeo, …

21:00 – 01:00 h. Cocktails e Cadeliños Quentes – Posto Oficial da Asociación Ribadavia Activa-T.

21:15 h - Aquelarre das Meigas a cargo das Donas sen Cabaleiros e dos Tabaleiros da Historia – Praza Maior

22:00 – 01:00 h. Pasaxe do Terror a cargo de Trócola Teatro e voluntarios do Ribeiro no Castelo - entrada polo Xulgado. Donativo de 4 €.

(Venta anticipada dende o sábado 22 de outubro en Brétemas na Praza Maior. O dia da festa na oficina da Mit, na Praza Maior a partir das 20:00h. Espectáculo para maiores de 12 anos. Aforamento limitado, as entradas teñen una hora específica, Véndense máximo 4 entradas por persoa)

22:15h – Dama de Lume a cargo de Rita Miguel. Espectáculo de lume e malabares – Praza Maior.

22:45 h – Actuación do Mago “RAFA” colaborador do programa FEIRANTES da TVG. Presentado por MAGO DEIMI – Na Madalena – Donativo de 2 €.

23:00 h. – Aquelarres das Meigas a cargo de Donas sen Cabaleiros e dos Tabaleiros da Istoria – Rúa Progreso coa Oliveira.

23:15 h – As Lajartas. Performance en plataforma móvil – Rúa progreso coa Oliveira.

23:45 h – Flashmob dirixido por ISA CRESPO monitoria do ximnasio Vilafit – Praza Maior.

23:55 h – Entrega do Premio Ambientación o mellor Local de Hostalaría e Premios do Concurso Escolar de Cabazas.

00:00h – Espectáculo do Esconxuro da Queimada – Praza Maior.

00:15 h – Actuación do grupo de percusión Xituma Batuque – Rúa Progreso, Praza Maior, Barrio Xudeo,…

00:30 h – As Lajartas. Performance en plataforma móbil - Praza Maior.

01:00 h – Concerto Fin de Festa e Fotomatón no Club Artístico a cargo do grupo FILLOS DO ESTRAMONIO liderado por Pepe Capelán.

 

EXPOSICIÓNS E CONCURSOS

  • Exposición 2º ano Facendo Tradición Noite Meiga – En colaboración coa Asoc. Amigos Museo de Ribadavia. Retrospectiva - Igrexa da Madalena o día da Festa.

  • Exposición de carteis dos participantes da edición de 2016 – Café Pub Aljama

  • Concurso Exposición de cabazas – toda a creatividade dos nenos e nenas esculpidas en preciosas cabazas. Do 28 de outubro ata o 2 de Novembro na Praza de Abastos. Categorías: Infantil – 1º - 3º Primaria e 4º-6º Primaria. Deixar as cabazas o 28 na Praza de Abastos. O premio entregarase na Praza Maior a noite da festa.

  • Ambientación Hotalaría – cafés, bares e pub’s de Ribadavia terán premio por amosar a sua orixinalidade.

 

TEATRO: MONICREQUES: A bruxa riquiña e a sua avoiña. Unha pequena representación do que é a Noite Meiga e do que pode suceder nesa noite en Ribadavia. Os días 24 e 28 de Outubro no Colexio Tomas de Lemos. Para nenos e nenas de Infantil e Primer Ciclo de Primaria.




Actividade: Noite Meiga, en Ribadavia

Data: 29 de outubro de 2016 ás 17:00h

Lugar: Ribadavia (Ourense).

Prezo: De balde

Novas relacionadas

© 2009 - TDLOU