9º FITO coa obra: "Muñeca de Porcelana"

Auditorio Municipal (Ourense)

 

 

FITO -Festival Internacional de Teatro de Ourense- celebra este ano a súa IX edición e faino cun cartel de 12 espectáculos que poderemos ver entre o 7 e o 19 de outubro en distintos escenarios da cidade, como son o Teatro Principal, o Auditorio municipal, o campus universitario e o Parque Barbaña. Neste IX FITO poderemos ver catro producións galegas que compartirán escenario con compañías chegadas doutros puntos de España e de Dinamarca, Chile e México.


No marco desta programación o mércores, día 19 de outubro, actúa no Auditorio Municipal de Ourense a compañía Bravo Teatro (Madrid) para presentar o espectáculo: Muñeca de Porcelana. O argumento é o seguinte: Un millonario acaba de mercarlle un avión á súa prometida como regalo de voda. A súa intención é xubilarse e dedicarse por enteiro a ela. Durante o seu último día na oficina antes de reunirse coa súa noiva, instrúe un mozo axudante para poder atender os seus negocios dende a distancia. Pero xusto antes de saír, recibe unha chamada de última hora que desexaría non recibir nunca. 


Están os poderosos libres de render contas polos seus actos? Existe unha elite que manexa os fíos coa capacidade de variar o rumbo dos acontecementos con tan só unha chamada telefónica? David Mamet creou unha intensa e emocionante estrutura teatral, de vibrante ritmo, que mestura temas recorrentes do autor como o poder da política, a economía e os medios de comunicación, con outros novos como a lealdade e as dificultades do ser humano para romper co seu pasado. Unha espiral de sucesos que, en menos de 24 horas, modificarán para sempre o destino dos seus protagonistas. E posiblemente a nosa visión da cara oculta dos donos do mundo.

 

Haberá unha única función ás 21.00 horas. A entrada custa 8€ (4€ para estudantes, xubilados e desempregados).

 
A programación completa desta IX edición do FITO é a seguinte:

VENRES 7

20’30 TEATRO PRINCIPAL 
COMPAÑÍA: COMPANYIA PERMÀNEC (CATALUNYA)
ESPECTÁCULO: El avaro

SÁBADO 8

19'00 PARQUE BARBAÑA
COMPAÑÍA: ROLABOLA (ANDALUCÍA)
ESPECTÁCULO: Circo mediterráneo

20’30 TEATRO PRINCIPAL
COMPAÑÍA: GRANHØJ DANS (DINAMARCA)
ESPECTÁCULO: Petrushka-Extended

MARTES 11

20'30 TEATRO PRINCIPAL
COMPAÑÍA: LOS HEDONISTAS (MADRID)
ESPECTÁCULO: Cena de pájaros

MÉRCORES 12

20'30 AUDITORIO MUNICIPAL
COMPAÑÍA: CHÉVERE (GALICIA)
ESPECTÁCULO: As fillas bravas

XOVES 13

20’30 TEATRO PRINCIPAL
COMPAÑÍA: A PANADARÍA (GALICIA)
ESPECTÁCULO: Pan!Pan!

VENRES 14

23'00 AUDITORIO MUNICIPAL
COMPAÑÍA: ATALAYA (ANDALUCÍA)
ESPECTÁCULO: Así que pasen cinco años

SÁBADO 15

20'30 AUDITORIO MUNICIPAL
COMPAÑÍA: MATARILE TEATRO (GALICIA)
ESPECTÁCULO: Antes de la metralla, forcejeos, humedades y estrategias tácticas teatrales

DOMINGO 16

19'00 TEATRO PRINCIPAL
COMPAÑÍA: LA LLAVE MAESTRA (CHILE)
ESPECTÁCULO: Nómadas

21'00 AUDITORIO MUNICIPAL
COMPAÑÍA: LAGARTIJAS TIRADAS AL SOL (MÉXICO)
ESPECTÁCULO: Santiago Amoukalli

MARTES 18

20'30 ANTIGA CAPELA DO CAMPUS UNIVERSITARIO
COMPAÑÍA: BERBERECHEIRA (GALICIA)
ESPECTÁCULO: Goldi libre

MÉRCORES 19

21'00 AUDITORIO MUNICIPAL
COMPAÑÍA: BRAVO TEATRO (MADRID)
ESPECTÁCULO: Muñeca de porcelana



Actividade: 9º FITO coa obra: "Muñeca de Porcelana"

Data: 19 de outubro de 2016 ás 21:00h

Lugar: Auditorio Municipal (Ourense). (Rúa da Canle, 2)

Prezo: 8€ (4€ para estudantes, xubilados e desempregados).

© 2009 - TDLOU