Romaría da Saínza

Rairiz de Veiga (A Limia)

 

Concello de Rairiz de Veiga acolle os días 23, 24 e 25 de setembro a celebración da Romaría da Saínza, na que, entre outras actividades, rememora parte da súa tradición, co combate entre mouros e cristiáns, no que os veciños, ataviados cos traxes representativos daquela época, dan vida a unha histórica celebración da zona, que reúne a miles de visitantes. 


O programa de actividades comeza o venres, 23 de setembro, pola mañá, cunha tirada de bombas de palenque, e posteriormente, ás 17.30 horas, os máis cativos poderán gozar no campo da festa, dos xogos populares e da representación do combate de moros e cristiáns con títeres. Pola noite, será a quenda para a música que nesta ocasión correrá a cargo daorquestra Galilea, e a partir das 03.00 da madrugada, comezará o XI Festival Noite Moura co grupo Ménage á Trois.

 

Ao día seguinte, o sábado, 24 de setembro, ás 12.30 horas terá lugar o "por primeira vez un mercado específico de artesanía, que estará aberto durante toda a tarde", asegurou Jose Antonio Cao. Ás 20.00 horas, os máis cativos, poderán deleitarse no Campo do Castelo da quinta edición de O meu primer combate de mouros e cristiáns. Nesta xornada será aorquestra Royal a encargada de amenizar a xornada, a partir das 22.00 horas, para posteriormente, celebrar o Asalto ao Castelo por parte dos Mouros, "un espectáculo moi bonito pola iluminación que hai por ser de noite", Jose Antonio Cao. E ás 00.00 horas será a gran tirada de fogos artificiais e despois, continuará a música, con Royal e co XI Festival Noite Moura co grupo Derroche.

 

Combate de Mouros e Cristiáns

 

Por último, o domingo, 25 de setembro, as actividades comezarán ás 09.00 horas coa traca de bombas de palenque. O pasarrúas a cargo da Escola de Gaitas da Deputación e a procesión, desde a Igrexa de Rairiz de Veiga ata o Castelo da Saínza, será ás 12.00 horas. Despois da misa celebrada no campo de batalla, ás 13.00 horas, será a quenda para o emblemático combate de Mouros e Cristiáns. A música nesta ocasión e tralo combate, correrá a cargo da charanga XL, para posteriormente, ás 18.30 horas, continuar coa orquestra París de Noia.




Actividade: Romaría da Saínza

Data: 23 de setembro de 2016 ás 10:00h

Lugar: Rairiz de Veiga (A Limia).

Prezo: De balde

Novas relacionadas

© 2009 - TDLOU