Claustro de San Francisco

Claustro de San Francisco (Ourense)

 

O antigo Convento de San Francisco atópase na zona alta da cidade, próximo ao Auditorio de Ourense. Deste edificio orixinal a igrexa foi trasladada en 1929, pedra a pedra, ata a súa nova ubicación, a Igrexa de San Francisco, que se atopa nas inmediacións do Parque de San Lázaro.

 

O horario de inverno do Claustro de San Francisco é o seguinte: De 11.30 a 13.30 e de 17.00 a 20.00 horas. Domingos: de 11.30 a 13.30 horas. Este espazo permanece aberto de martes a domingos, sendo o luns o día de descanso.

 

claustro gótico de San Francisco é un dos claustros franciscanos de transición entre os estilos románico e gótico mellor conservado de Galicia. Son destacables tanto a súa arquitectura como a escultura. O claustro é a peza máis antiga do convento, pertencente ao período de 1325 e 1350. Presenta unha planta irregular, con tres series de arcadas lixeiramente apuntadas con columnas dobres por un lado sobre unha base de fábrica. Desde a súa reapertura en xuño de 2013, ten recibido visitas de grupos organizados, excursións, programas escolares, asi como outras actividades como actuacións musicais, danza, esgrima, ou máis recentemente unha cata de viños.



Actividade: Claustro de San Francisco

Data: Do 21 de setembro ao 21 de xuño

Lugar: Claustro de San Francisco (Ourense). (Entrada a carón do albergue de peregrinos)

Prezo: De balde

© 2009 - TDLOU