Mercado de Artesanía "Arte de Man"

Allariz (Allariz)

 

O domingo, día 11 de setembro, celébrase en Allariz o Mercado de Artesanía "Arte de Man", organizado polo Concello de Allariz e a  Asociación de Artesáns da Comarca de Allariz.

 

O mercado celébrase en horario de 11.00 a 20.00 horas nas rúas do Casco Histórico de Allariz, en concreto na Praza Maior e na Praza de Abaixo, e nel participarán máis de 30 artesáns. Haberá tamén outras actividades paralelas ao longo da xornada. Son as seguintes:

 

- No horario do mercado: Elaboración de Tecidos con Rir&Co e Inés Rodríguez.

- 17.00h. Obradoiro de elaboración de pulseiras para nenos con Dopra. 2€.

- De 11.30 a 13.00 e de 17.30 a 19.00h. Demostración dos alumnos de cestería de Alalriz.

- En horario do mercado: Demostración de talla sobre madeira con Roberto Figueira.

 

O Mercado de Artesanía "Arte de Man", nace no ano 2003 co obxectivo de promocionar a artesanía galega, en especial a alaricana. 



Actividade: Mercado de Artesanía "Arte de Man"

Data: 11 de setembro de 2016 ás 11:00h

Lugar: Allariz (Allariz).

Prezo: De balde

Novas relacionadas

© 2009 - TDLOU