Coloquio co investigador Rafael Maldonado sobre o consumo de drogas

Auditorio Municipal (Ourense)

Rafael Maldonado, catedrático de Farmacoloxía da Universidade Pompeu Fabra de Barcelona

 

Rafael Maldonado, catedrático de Farmacoloxía da Universidade Pompeu Fabra de Barcelona, estará en Ourense o día 23 de xaneiro para participar nun coloquio con estudantes sobre os efectos do consumo de drogas no organismo. O acto terá lugar ás 11.00 horas no Auditorio e, no seu transcurso, os escolares poderán transmitirlle as súas dúbidas sobre os efectos das drogas na saúde e o cerebro.

 

O acto forma parte do programa de actividades organizado con motivo da exposición Falemos de drogas, unha mostra de carácter interactivo que estivo na Alameda do Concello de Ourense durante os días 7 de novembro a 9 de decembro.

 



Actividade: Coloquio co investigador Rafael Maldonado sobre o consumo de drogas

Data: 23 de xaneiro de 2013 ás 11:00h

Lugar: Auditorio Municipal (Ourense). (Rúa da Canle, 2)

Prezo: De balde.

Organiza: Obra Social La Caixa coa colaboración do Concello de Ourense.

© 2009 - TDLOU