III BTT do Peixe

Bande (Baixa Limia)

 

O sábado, día 20 de agosto, celébrase en Bande a III BTT do Peixe, un evento organizado polo Concello de Bande en colaboración coa Deputación de Ourense e coordinado por David Sánchez.

 

Os participantes sairán ás 09.00 horas da Praza da Constitución e percorrerán 37 quilómetros do concello. 

 

Os interesados en participar poderán inscribirse ata o día 16 de agosto, a través da páxina web www.bandebtt.es, ou nas dependencias do Concello ou do Pavillón de Bande. 


O prezo da inscrición é de 10€ e inclúe un obsequio dunha mochila técnica, unha paella para todos os participantes ao finalizar a ruta, e acceso gratuíto ás piscinas do concello.



Actividade: III BTT do Peixe

Data: 20 de agosto de 2016 ás 09:00h

Lugar: Bande (Baixa Limia).

Prezo: 10€

Novas relacionadas

© 2009 - TDLOU