Desafío Iter Querquennae, en Bande

Bande (Baixa Limia)

 

O domingo, día 7 de agosto, celébrase no Concello de Bande o evento: Desafío Iter Querquennae, que inclúe dúas probas deportivas: A IX Andaina e o II Trail.

 

Os partiipantes na andaina sairán ás 09.00 horas para facer unha ruta circular de 20 quilómetros. Os deportistas que participen no trail sairán ás 10.00 horas para percorrer 22 quilómetros. O traxecto de ambas competicións será moi similar, coa diferenza de que o trail conta coa dificultade dos cortalumes sen chegar a ser unha proba extremadamente dura.

 

Os interesados en participar poderán inscribirse ata media hora antes da saída de cada proba -excepto os participantes que compitan por equipos ou por parellas no trail, que teñen de prazo ata este venres para inscribirse. As inscricións poderán realizarse na páxina webwww.championchipnorte.com, ou a través do número de teléfono 650.959.784, cun custe de 7€ a andaina e de 9€ o trail.

 



Actividade: Desafío Iter Querquennae, en Bande

Data: 07 de agosto de 2016 ás 09:00h

Lugar: Bande (Baixa Limia).

Prezo: Andaina: 7€; Trail: 9€.

© 2009 - TDLOU