III Carreira Popular Vía Nova de Bande

Praza da Constitución (Bande)

 

Este sábado, día 4 de xuño, celébrase no municipio de Bande a terceira edición da Carreira Popular Vía NovaA proba deportiva desenvolverase por categorías, sendo a quenda para os escolares a partir das 19.00 horas, nunha carreira que vai desde 100 metros ata 2.000 metros; e a categoría absoluta, cun percorrido de 8 quilómetros, celebrarase a partir das 20.00 horas. A saída terá lugar na praza da Constitución do municipio e a carreira discorrerá polo casco urbano de Bande, cunha dificultade media. Os asistentes poderán degustar unha cea despois das carreiras, por un prezo de 12€.


Os interesados en participar poden inscribirse ata o xoves, 2 de xuño, a través da web www.championchipnorte.com ou no teléfono: 650-959.784. O prezo da inscrición é de 6€ para os participantes da categoría absoluta, e gratuíta para os da categoría de escolares.



Actividade: III Carreira Popular Vía Nova de Bande

Data: 04 de xuño de 2016 ás 19:00h

Lugar: Praza da Constitución (Bande).

Prezo: 6€ (categoría absoluta); de balde (escolarares). Cea: 12€.

Novas relacionadas

© 2009 - TDLOU