Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa (PACC)

Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa (PACC) Lansbrica. (Punxín/San Amaro)

 

O Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa Lansbrica (PACC) está situado entre os municipios de San Amaro e Punxín. Este espazo acolle o castro de San Cibrao de Las, un dos xacementos castrexos máis grandes e mellor conservados de Galicia, así como un moderno centro de interpretación que permite ao visitante coñecer como foi esta etapa fundamental da Prehistoria galega a través dunha innovadora exposición que ofrece todas as claves para explotar os enigmas desta cultura: a súa sociedade, a súa relación co territorio, o seu mundo simbólico, os seus mitos e lendas...

 

O castro de San Cibrao de Las destaca tanto pola súa monumentalidade como polo seu excelente estado de conservación. 


Horario e prezo


- Do 1 de outubro ao 30 de xuño, o horario do castro é o seguinte: De martes a domingo, de 10.00 a 18.00 horas. 


- Do 1 de xullo ao 30 de setembro, o horario é de 10.00 a 20.30 horas. 


O parque pecha os luns non festivos; 24, 25 e 31 de decembro e 1 de xaneiro.


- A entrada custa 5€ (nenos de 7 a 14 anos, maiores de 65, universitarios, desempregados, familias numerosas, persoas con discapacidade e grupos a partir de 10 persoas: 3€). A visita guiada polo xacemento de Las custa 2€ e os talleres, 3€.



Actividade: Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa (PACC)

Data: Do 01 de xaneiro ao 30 de decembro

Lugar: Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa (PACC) Lansbrica. (Punxín/San Amaro).

Horario: Horarios Martes a Viernes de 10:00 a 18:00 h. Semana Santa y fines de semana de 10:00 a 20:00 h.

Prezo: 5€ / 3€.

© 2009 - TDLOU