Espectáculo infantil: "O mago de Oz"

Auditorio Municipal (Ourense)

O Auditorio Municipal de Ourense acolle o domingo, día 20 de marzo, a posta en escena da obra: O mago de Oz, a cargo de Avento Produccións Teatrais. 

 

A Dorothy non lle gosta nada a improvisación. Vive nun mundo racional, onde o que se debe facer, é todo o que se pode facer. Pero un día normal, como calquera día normal da súa vida normal, un tornado a levará a un mundo onde as súas regras non serven de nada, un mundo onde deberá emprender unha marabillosa viaxe se quere regresar a casa.

 

O evento comeza ás 12.00 horas. A entrada custa 3€ e pódese mercar en ataquilla.com ou na taquilla do Auditorio dende dúas horas antes do comezo do espectáculo.



Actividade: Espectáculo infantil: "O mago de Oz"

Data: 20 de marzo de 2016 ás 12:00h

Lugar: Auditorio Municipal (Ourense). (Rúa da Canle, 2)

Prezo: 3€.

Novas relacionadas

© 2009 - TDLOU