28 Día da Bici

Alameda (Ourense)

 

 

Ourense acolle o domingo, día 4 de novembro, o 28 Día da Bici, unha efeméride que quere ser unha manifestación lúdico-deportiva pola cidade en favor da bicicleta.

 

Os participantes sairán ás 12.00 horas da Alameda para percorrer as seguintes rúas da cidade: Marcelo Macías, Avenida de Portugal, Ervedelo, Progreso, Pardo de Cela, Ponte do Milenio, Xesús Pousa, Eulogio Gómez Franqueira, Río Arnoia, Avda. de Santiago, Avda. das Caldas, Vicente Risco, Ponte Nova, Curros Enríquez, Sáenz Díez, Don Bosco e Progreso, para rematar de novo na Alameda.

 

A inscrición poderase facer do día 15 de outubro ao 3 de novembro no centro comercial La Región, na rúa do Paseo, e o día 4 de novembro, de 09.30 a 11.30, na saída da proba.



Actividade: 28 Día da Bici

Data: 04 de novembro de 2012 ás 12:00h

Lugar: Alameda (Ourense).

Prezo: Por determinar

Novas relacionadas

© 2009 - TDLOU