Cine coa proxección da película: "Mr. Turner"

Biblioteca Pública Nodal (Ourense)

 

 

 

 

 

A Biblioteca Pública Nodal de Ourense acolle o luns, día 4 de maio, a proxección da película: Mr. Turner, un filme británico dirixido por Mike Leigh no ano 2014.


Trátase dunha biografía sobre o pintor británico Joseph Mallord William Turner, artista recoñecido, ilustre membro da «Royal Academy of Arts», vive co seu pai e a súa leal ama de chaves. É amigo de aristócratas, visita bordeis e viaxa frecuentemente na procura de inspiración. A pesares da súa fama, tamén é vítima das burlas do público e do sarcasmo da sociedade. Profundamente afectado pola morte do seu pai, decide aillarse. A súa vida muda cando coñece á señora Booth, propietaria dunha pensión familiar ás beiras do mar.

 

Haberá dous pases, en VOS, ás 20.30 e ás 23.00 horas. A entrada custa 2€ (socios Cineclube Padre Feijóo) e 2,5€ (non socios).

 

Organiza o Cineclube Padre Feijóo nos Luns de Filmoteca.

 

 

 



Actividade: Cine coa proxección da película: "Mr. Turner"

Data: 04 de maio de 2015 ás 20:30h

Lugar: Biblioteca Pública Nodal (Ourense). (Rúa Concello, 13)

Prezo: 2€(socios CCPF); 2,5€(non socios)

Organiza: Cineclube Padre Feijóo.

De interese: Sesións ás 20.30 e ás 23.00 horas.

© 2009 - TDLOU