Dereitos sobre a propiedade de Tempo de Lecer Ourense

Tempo de Lecer Ourense é unha revista dixital. Todos os dereitos de propiedade intelectual pertencen aos seus autores (textos, imaxes, sons, audio, vídeo, deseños, creatividade e software empregado), mentres que os de propiedade industrial e comercial pertencen a Tempo de Lecer.

O lector pode visualizar todos os elementos, imprimilos, copialos e almacenalos no disco duro do seu ordenador ou en calquera outro soporte físico, a condición de que sexa, única e exclusivamente, para o seu uso persoal e privado, quedando, xa que logo, terminantemente prohibida a súa utilización con fins comerciais, a súa distribución interesada, así como a súa modificación, alteración ou descompilación. Aos efectos do previsto no artigo 32.1 do Texto Refundido da Lei de Propiedade Intelectual, Tempo de Lecer oponse expresamente á utilización de calquera contido desta revista dixital coa finalidade de realizar reseñas ou revistas de prensa con fins comerciais sen contar previamente coa autorización da revista.

O lector comprométese a facer un uso adecuado dos contidos e servizos (especialmente aqueles nos que pode tomar parte a título anónimo) que Tempo de Lecer ofrece na súa web e a non empregalos para incorrer en actividades ilícitas ou contrarias á boa fé e ao ordenamento legal; difundir contidos ou propaganda de carácter racista, xenófobo, pornográfico-ilegal, de apoloxía do terrorismo ou atentatorio contra os dereitos humanos; ou, simplemente, difundir información tendenciosa e falsa coa principal finalidade de causar dano a persoas, institucións ou organizacións. En tal caso, Tempo de Lecer resérvase o dereito de "descolgar" inmediatamente tales contidos, ben sexan informacións, opinións, comentarios ou fotografías; así como a efectuar sen previo aviso as modificacións que considere oportunas na súa sede web, podendo cambiar, suprimir ou engadir tanto os contidos e servizos que presta, como a forma na que estes aparezan presentados ou localizados.

Tempo de Lecer autoriza mencións aos seus contidos noutras sedes ou sitios web co tratamento que se considere oportuno, a condición de que non se operen cambios substanciais que distorsionen a versión dos feitos ou descontextualicen o tratamento informativo de orixe, e se mencione a fonte (procedencia dos contidos publicados) de forma clara e suficientemente perceptible para o lector.

Tempo de Lecer comprométese ao cumprimento e á máis estrita vixilancia da legalidade no uso, manexo e difusión dos datos obrantes no seu poder, de acordo co disposto na Lei Orgánica 15/99 do 13 de decembro de 1999 sobre Protección de Datos de Carácter Persoal (LOPD), así como polo disposto na Lei de Servizos da Sociedade da Información e do Comercio Electrónico (Lei 34(2002 de 11 de xullo).

© 2009 - TDLOU